Os ritmos latinos asócianse coa cultura latinoamericana e adoitan vir do Caribe, o Norte de Sudamérica, Centroamérica e México. Ao longo do seu desenvolvemento adoptaron moitas variacións ao chegar a distintas partes do mundo.
A bachata é un ritmo musical que xurdiu na República Dominicana durante os anos sesenta. Antes de ser un xénero musical, o nome "bachata" simbolizaba as reunións de amigos e familiares nos patios das súas casas nas que facían música e bailaban. Tradicionalmente, para interpretar as bachatas formábanse pequenos grupos de músicos cunha ou dúas guitarras, un contrabaixo e varios instrumentos de percusión: bongos, maracas e güiro. Nace da fusión do ritmo do boleiro co de outros xéneros musicais afroantillanos coma o son cubano, o chachachá e mais o merengue.
Dependo da súa técnica podemos falar de bachata tradicional e bachata sensual.
Na bachata tradicional faise énfasis no xogo de pés, xa que van seguir o ritmo da guitarra e o movemento de todo o corpo vai depender deles. É importante tamén o control das mans e os movementos da cadera.
Por outro lado, a bachata sensual se centra mais no control corporal dos bailaríns. Utilízase moito a cadera, o torso, a cabeza... require coordinación á vez que fluidez. Ao contrario da bachata tradicional, que ten poucos xiros e figuras; este estilo ten moitos.
Como o propio nome indica, destaca a sensualidade das ondulacións dos corpos. Os bailaríns están moito mais pegados para resaltar as formas que crean as súas figuras xuntas. Ademais, neste estilo pódense utilizar distintos tipos de música, mentres que as posibilidades da tradicional son mais reducidas pola importancia que ten o ritmo da guitarra, como comentamos previamente, para marcar o movemento dos pés.
Aquí vos deixamos un fragmento de clase de bachata coa profesora Raquel.
Comments