top of page
Writer's pictureSondanza

Ballet polo Nadal.

O Nadal é unha das épocas máis especiais do ano e, ao redor do mundo, as representacións de ballet adquiren un significado único nesta festividade. Un dos ballets máis emblemáticos desta época é "O Casca noces", creado por Piotr Ilich Tchaikovsy entre 1891 e 1892, que se converteu nunha tradición imprescindible en moitas compañías de ballet. Esta obra máxica, que conta a historia de Clara e o seu casca noces máxico, é unha representación clásica que se baila en teatros de todo o mundo durante o mes de decembro, transportando ao público a un mundo de fantasía onde o ballet e a maxia do Nadal entrelázanse perfectamente.



En moitas cidades, o ballet de Nadal non se limita ao Casca noces, senón que tamén se representan outras obras para capturar a esencia do Nadal. Dende ballets contemporáneos até espectáculos de danza tradicional que incorporan elementos desta festividade, as compañías de ballet crean experiencias cheas de emoción, beleza e maxia, sendo unha forma de celebrar a historia, a música e os movementos que definen esta arte.


Para moitos bailaríns e espectadores, asistir a unha función de ballet durante o Nadal non é só unha tradición, senón tamén un recordo imborrable, polo que pode ser un agasallo fermoso nestas festas.




Por outra banda, se asistiches a un destes marabillosos ballets e queres aprender a bailar este estilo, o ano novo pode ser un momento ideal para comezar a asistir a clases de baile nunha escola. En Sondanza temos clases de ballet para todas as idades: os venres de 17h a 18h para primaria, de 18h a 19h infantil e adultos de 19h a 20:30h.


E ti, ¿asistiches a algún ballet de Nadal? ¿Tes un favorito?

7 views0 comments

Recent Posts

See All

Comments


bottom of page