Break dance: toprocks.
- Sondanza
- Mar 17
- 1 min read
O break dance é un estilo de baile urbano que xurdiu nos anos 70 en Nova York, como parte da cultura hip hop. Caracterízase por movementos dinámicos e acrobáticos que combinan forza, axilidade e ritmo. Dentro do breaking existen varios elementos: toprocks, go downs, footwork, freezes, power moves, tricks ou flips.


Nesta ocasión queremos falar dos toprocks, son moito máis ca un simple quecemento antes dos movementos de chan. Trátanse dunha parte fundamental do baile, onde cada b-boy e b-girl pode expresar o seu estilo persoal e a súa musicalidade. Estes pasos son os que se realizan de pé, que sirven como mostra inicial de estilo e como transicións ás acrobacias.
Existen diferentes tipos de toprocks, dende os clásicos indian step e side step ata variacións máis elaboradas que incorporan xiros e cambios de ritmo. A clave está en conectar cos golpes da música e transmitir confianza e enerxía.
¿Queres aprender a bailar este estilo? Visita as nosas redes! En Sondanza temos clases de danzas urbanas os luns de 19:30h a 21h e os xoves de 20h a 21h.
Comentários