top of page
Writer's pictureSondanza

Danza contemporánea: expresión e movemento.

A danza contemporánea é unha disciplina moi versátil na que se traballan as capacidades motoras, o ritmo, a expresión artística, a improvisación e a relación entre o estado físico e o emocional, entre outros, a través dun prisma artístico e poético.


Combina técnica, emoción e liberdade de expresión. Caracterízase por estar enfocada no uso do corpo para transmitir sentimentos e ideas. É ideal tanto para quenes buscan un espazo creativo como para aquelas que desexan explorar a súa capacidade física de maneira dinámica e fluida.





Esta danza pon énfase no movemento natural e a improvisación, e máis aló de aprender coreografías, a danza contemporánea busca a fluidez do movemento, a conexión co entorno e o desenvolvemento da creatividade a través do corpo.


En Sondanza temos clases desta disciplina os luns de 16h a 17:30h e os martes de 21h a 22:30h. ¡Ven e descobre con nós como a danza pode converterse nunha ferramenta poderosa para conectar corpo e mente!

1 view0 comments

Recent Posts

See All

Comments


bottom of page