top of page
Writer's pictureSondanza

Heels: empoderamento sobre os tacóns.

Heels é unha disciplina de baile que combina a sensualidade e elegancia dos tacóns altos coa técnica de diversas disciplinas, como o jazz, o urbano ou o clásico. Este estilo caracterízase por ter un forte enfoque na expresión corporal, a confianza e a feminidade, destacando movementos fluidos, poses marcadas e un control absoluto do corpo. 



Apareceu na década dos 90, inspirado polo estilo das bailarinas que acompañaban ás artistas de pop e R&B, como Janet Jackson e Beyoncé, quenes levaron o baile en tacóns á popularidade. As súas raíces proveñen do jazz e do burlesque, estilos que xa incluían o uso dos tacóns, pero que fusionáronse con outros xéneros modernos. 


Máis aló do estético, heels permite a quenes o practican desenvolver o seu equilibrio, forza e seguridade, xa que requírese dun alto control corporal ao moverse nos tacóns. É unha disciplina empoderante, onde a actitude e a confianza son clave para dominar cada coreografía.



As claves deste estilo son:


  1. Técnica. Bailar con tacóns require dun enfoque técnico, especialmente para manter o equilibrio. En Sondanza dedicamos un espazo da nosa formación á técnica, dende como caminar sobre os tacóns ata xiros, cabezas ou baixadas ao chan, que logo se implementan nas nosas coreografías.


  2. Actitude. Heels non solo se reduce ao movemento, senón que ten un componente actitudinal fundamental. Se basea no empoderamento e a sensualidade, e nas nosas clases nos esforzamos por xerar un ambiente seguro no que traballar a confianza en nós mesmas e a expresión.


  3. Fusión de estilos. O característico deste tipo de baile son os tacóns, polo que pode emplearse a técnica de diversos estilos como o jazz, o urbano ou o clásico, o que o convirte nunha disciplina diversa e completa na que a profesora é clave, xa que cada unha ten as súas raíces e o seu propio estilo.


¿Gustaríate probar este estilo? ¿Xa o bailas? ¡Lémoste!

14 views0 comments

Recent Posts

See All

Bình luận


bottom of page