top of page

Mes da historia negra.

Writer's picture: SondanzaSondanza

Febreiro é o mes da historia negra, unha oportunidade para recoñecer e celebrar ás persoas negras que, dalgunha maneira, marcaron a historia en todos os ámbitos, incluída a danza. Ao longo da historia, a danza foi unha forma fundamental de expresión cultural, resistencia e identidade para as comunidades negras. Dende os ritmos africanos ata os estilos contemporáneos como o hip hop, a danza serviu como unha linguaxe universal para transmitir emocións, contar historias e preservar tradicións.



Por iso, en Sondanza queremos rendir homenaxe a esta cultura falando de diversos referentes que crearon, difundiron ou defenderon moitos dos estilos e técnicas dos que hoxe gozamos.





Empezando polos ritmos afrolatinos, temos a Luis Chacón Aspirina, cantante, percusionista e bailarín, que foi membro fundador do Conxunto Folklórico Nacional de Cuba. Na década dos 60 foi director de varios grupos de danzas afrocubanas como "Los Sicamarié" e é considerado un dos mellores bailaríns e mestres de rumba cubana do mundo.







En materia de danzas urbanas atopamos a Don Campbell, que considérase o creador do locking e formou parte do grupo “The Lockers”. Os seus pasos aparecen en vídeos de artistas como The Backstreet Boys, NSYNC, Britney Spears, Christina Aguilera, Wyclef Jean, Snoop Dogg, Jermaine Dupri, Busta Rhymes...






No Lindy-hop atopamos a Frankie Manning. Este bailarín, profesor e coreógrafo estadounidense considérase un dos creadores deste estilo. Foi o primeiro en realizar un aéreo neste estilo de baile xunto con Frida Washington.







Por último, no mundo do ballet temos a Misty Copeland, bailarina de ballet estadounidense que forma parte do American Ballet Theatre. En 2015 convertiuse na primeira afroamericana en ser ascendida a bailarina principal nos 75 anos de historia desa institución.







Por suposto, estes son só algúns dos moitos exemplos que sentaron as bases da danza tal como a coñecemos hoxe. ¿Coñeces máis?



 
 
 

Comments


bottom of page